No contexto do Simposio Internacional LEXCAV, contouse coa participación de expertos doutros grupos de investigación cunha orientación temática similar.
Cabe destacar, en particular, o grupo Diversidade Audiovisual da Universidade Carlos III de Madrid (UC3M), cuxo investigador Pedro Gallo Buenaga participou como relator convidado no simposio e tamén, en calidade de experto, nunha das entrevistas en profundidade.
Ademais, compartiu connosco algúns dos resultados máis destacados das investigacións do seu grupo, en particular os recolleitos no informe «Dispoñibilidade e prominencia da obra española nos servizos audiovisuais por subscrición» da súa última edición, do ano 2023.
