Relatoría “Cataluña: lexislación e proxectos específicos“.
Para a elaboración da relatoría Cataluña: lexislación e proxectos específicos, a cargo de Mª Soliña Barreiro González e Aina Fernàndez i Aragonès, analizáronse as apostas de diversidade lingüística audiovisual de 3CAT centradas no telexornal e na produción audiovisual para mozas e nenos. Estableceuse unha colaboración coa televisión autonómica catalá, 3CAT, para facer un seguimento do proceso colexiado de renovación dos servizos informativos, e tamén con Arsenal, organismo de transferencia da Universitat Pompeu Fabra.
Para a planificación da programación, recorreuse a contactos establecidos durante o congreso de AE-IC e durante o proceso de elaboración do libro Perante a nova lei audiovisual, relacionados co sector profesional e lingüístico (A Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), Asociación Galega de Profesionais da Tradución e a Interpretación (AGPTI).



