En abril e maio de 2024, membros do equipo de LexCAV, Àina Fernández e María Soliña Barreiro participaron no proceso interno de reformulación dos informativos de 3CAT, co obxectivo de adaptarse ao novo contexto mediático e aos novos hábitos de consumo da cidadanía.
- Neste proceso participaron o Grup de recerca en Comunicació Política, Periodisme i Democràcia da Universitat Pompeu Fabra (UPF) e o espazo de creación interdisciplinar Arsenal da UPF.
- Realizouse un proceso de observación participante de forma coordinada co grupo da UPF, no que participou Aina Fernández no marco do proxecto LEXCAV.
- Realizáronse 8 sesións de traballo de 2 horas de duración cada unha, cos equipos dos informativos 3CAT (Telenotícies Comarques, Telenotícies Vespre, Telenotícies Migdia, Telenotícies Cap de Setmana, Més324), e 4 sesións cos equipos do 324.
- Informouse os participantes da gravación das sesións e do proxecto no que se participaba, e codificáronse as achegas dos participantes para garantir a súa privacidade.



