Televisión Autonómica Catalá-3CAT e Arsenal (UPF)

IX Congreso Internacional ULEPICC España - Comunicación e servizo público

Presentación dunha comunicación no IX Congreso Internacional ULEPIC España – Comunicación e servizo público por Mª Soliña Barreiro González e Aina Fernàndez i Aragonès.

O relatorio titulouse El servicio público audiovisual más allá de la televisión lineal. Los públicos infantiles y jóvenes en la redefinición estratégica de 3CAT.

Para elaborar o relatorio colaborouse coa televisión autonómica catalá, 3CAT, para facer un seguimento do proceso colexiado de renovación dos servizos informativos, e tamén con Arsenal, organismo de transferencia da Universitat Pompeu Fabra.

Para a planificación da programación recorreuse a contactos cultivados no congreso de AE-IC e durante o proceso de elaboración do libro Perante a nova lei audiovisual, relacionados co sector profesional e lingüístico (A Mesa pola Normalización Lingüística, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI), Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI). Neste caso, as colaboracións producíronse con 3CAT, en concreto co seu director de estratexia, Daniel Hernández, e coa responsable do Departamento de Contidos Dixitais e Transmedia e Creación de Comunidades de 3CAT, Judith de Argilà, quen se centrou no proceso de renovación da plataforma e a programación xeral de 3CAT, do Super3 e da marca.

Scroll ao inicio