Participación como poñentes de Mª Soliña Barreiro González; Aina Fernàndez i Aragonès nas IV Xornadas de Normalización Lingüística o 25 de xaneiro de 2025 en Santiago de Compostela cunha presentación titulada O audiovisual na normalización lingüística da poboación infantil e moza: o caso de 3CAT e a TVG.
Na exposición comparábanse as directrices e resultados de programación infantil en linguas propias nas plataformas Súper 3 (SX3) e Xabarín.
Tamén se traballou sobre os dous proxectos emerxentes dirixidos á xeración Z: EVA e Xeración Z.



