Mª Soliña Barreiro González coordinou os contidos do II Foro da Industria Galega Audiovisual centrado en Lingua e diversidade no audiovisual e organizado pola Academia Galega do Audiovisual que aborda as liñas principais do proxecto LEXCAV.
Ademais da estreita colaboración establecida coa Academia Galega do Audiovisual (AGA) durante os oito meses de preparación e o desenvolvemento da actividade, traballouse coa Cidade das TIC da Coruña, instalacións dedicadas a ser viveiro de empresas tecnolóxicas e audiovisuais.
Dado que o evento implicada diferentes sectores, colaborouse coas produtoras:
coas distribuidoras:
- Baños Films,
- Begin Again Films;
- Aqueladas S.C.G.;
- Carballo Interplay;
- Universidade de Vigo;
- 3CAT;
- CRTVG;
- CIRCOM;
- Euskal-Telebista;
- Observatori de Continguts i Plataformes Mediàtiques (UJI);
- Universitat Jaume I;
- A Mesa pola Normalización Lingüística,
- Université Sorbonne Nouvelle-París III;
ademais de profesionais non adscritos a empresas ou institucións concretas.
Celebráronse trece sesións nas que interviñeron 35 profesionais, académicos e especialistas do sector audiovisual. Entre os participantes atopábanse:
- Judith de Argila, responsable do Departamento de contidos dixitais e transmedia e creación de comunidades de 3CAT,
- Daniel Hernández, Director de Estratexia de 3CAT,
- Fernando Follea, Director de Contidos da CRTVG.gal e Secretario Xeral de CIRCOM-Rexional. EU,
- José Luis Blanco, Director de Programación de EiTB-Euskal Telebista/Primeran,
- Marta Gómez, xornalista,
- Adrián Canoura, realizador de videoclips, cinema experimental e formatos contemporáneos,
- Andrea Villa, programadora do Carballo Interplay,
- Marta Cruañas, produtora en Canadá,
- Pablo Romero, profesor de tradución e lingüística na Universidade de Vigo,
- Teresa Veiga, coordinadora do Máster en Tradución Multimedia da Universidade de Vigo,
- Charo Pena, actriz, directora de dobraxe e adaptadora de textos audiovisuais,
- María Suárez, tradutora audiovisual,
- Samuel Solleiro, tradutor audiovisual e literario,
- Fernando Redondo, investigador non Grupo de Estudos Audiovisuais da Universidade de Santiago de Compostela,
- Irene Pin, directora e guionista,
- Dalibor Matanic, guionista e director da serie “O derradeiro artefacto socialista”,
- Asier Urbieta, director da serie “Altsasu”,
- Ghaleb Jaber Martínez, creador da serie “Motel Valkirias”,
- Ana Viñuela, profesora de cinema e audiovisuais na Universidade Sorbonne Nouvelle – Paris III,
- Beli Martínez, docente e produtora en Filmika Galaika,
- Alfonso Blanco ‘Fosco’, director de Portocabo,
- Milo Baños, xerente da distribuidora Baños Films,
- Sonia Abbas, xefa de distribución nacional en Begin Again Films,
- Jessica Izquierdo, coordinadora do Observatori de Continguts i Plataformes mediàtiques da Universitat Jaume I,
- Xela Armas, secretaria xeral de A Mesa pola Normalización Lingüística,
- Araceli Gonda, guionista,
- Lida Veiga, actriz,
- Paula Cons, directora,
- Pepe Coira, guionista,
- Rosa Moledo, asesora lingüística dás series “Fariña” e “O caso Asunta”.
As conferencias foron abertas ao público e actualmente poden consultar en liña. Nas sesións abordouse a creación, deseño, produción, difusión e recepción das producións en linguas minorizadas desde o punto de vista de directores, guionistas, tradutores, produtores, xestores culturais, creadores audiovisuais, lingüistas, académicos etc.
O programa pode consultarse íntegro en https://www.academiagalegadoaudiovisual.gal/portfolio-item/i-foro-industrial-galego-do-audiovisual-figa/



