Manifesto por un audiovisual plural, diverso e realmente inclusivo

As persoas e entidades asinantes deste manifesto declaramos a nosa preocupación pola exclusión sistemática que sofren as linguas cooficiais do Estado —galego, eúscaro e catalán— na aplicación da Lei 13/2022, do 7 de xullo, Xeral de Comunicación Audiovisual (LGCA).

A LGCA naceu coa promesa de garantir o pluralismo, a igualdade e a diversidade na comunicación audiovisual. Porén, o seu deseño e desenvolvemento ignoraron en boa medida as especificidades culturais, lingüísticas e produtivas dos territorios con linguas propias, deixando sen protección real a produción audiovisual independente e aos públicos que consomen contidos noutras linguas diferentes do español.

Denunciamos:

  • A falla de mecanismos efectivos para garantir a presenza do galego, catalán e éuscaro nos contidos audiovisuais, tanto de produción propia como de dobraxe ou subtitulado.
  • A discriminación estrutural da produción independente e de proximidade.
  • A invisibilización de mulleres en roles técnicos, creativos e de xestión no sector audiovisual.
  • A falla de indicadores e ferramentas reais de seguimento e avaliación da diversidade lingüística e de xénero.

Reclamamos:

  • Que se modifique e complemente a Lei para garantir a súa aplicación efectiva en todos os territorios, recoñecendo a pluralidade lingüística como principio inalienábel da comunicación audiovisual.
  • Que se promovan políticas activas de apoio á produción independente en linguas cooficiais.
  • Que se establezan cotas, incentivos e obrigas reais para plataformas e operadores que difundan contidos en galego, eúscaro e catalán.
  • Que se incorpore unha perspectiva interseccional, que relacione orzamentos, lingua e xénero como eixes de análise e transformación.

Este manifesto acompaña o proxecto de investigación LEXCAV, que durante tres anos analizará en profundidade o impacto da LGCA no sector audiovisual, elaborando propostas de mellora para unha sociedade dixitalmente inclusiva e culturalmente diversa.

Asinamos este manifesto para defender un audiovisual que represente realmente a pluralidade de voces, linguas e realidades do Estado. Porque sen diversidade lingüística, non hai democracia comunicativa.


#LEXCAV #AudiovisualPlural #DiversidadeLingüística #culturaÉdereito


Asina o manifesto:


Apoios recibidos:

31 rexistros — 25 por páxina
EntidadeNome e apelidosProvincia/RexiónFotografía ou Logotipo
Universidade de Santiago de Compostela Rocío Sosa Fernández A Coruña
Espazo + 60 Santiago Àlvaro Álvarez Gómez A Coruña
Afundacion Obra Social Abanca Jennifer Chamadoira Ourense
Maria Alvarez A coruña
Darío Vázquez Álvarez Lugo
Pedro Garcia Rei A Coruña
Carla Vázquez Álvarez Lugo
Ana López Sampedro Lugo
Carmen Angelica Garcia Fernandez Lugo
Matilde Álvarez Gómez Lugo
Sandra Amigo Regueiro A Coruña
Susana Amigo Regueiro A Coruña
Juan Amigo La Coruña
Noelia Nef Borrego Madrid
Alejandra Sáez Ávila
Rafael González Cao Lugo
Teresa Rouco A Coruña
Marta Barja Ourense
Laura rouco capela Sevilla
Mercedes Rouco Huelva
Jorge A Coruña
carmen Rouco A Coruña/ Santiago de Compostela
Jose Manuel García Santiso A Coruña/ Santiago de Compostela
Santiago Rouco A Coruna
Lucia rouco capela huelva

Non se atopou ningunha coincidencia.

Scroll ao inicio