
María Soliña Barreiro
- Group:Equipo de investigación da USC
María Soliña Barreiro
Mª Soliña Barreiro González é doutora en Comunicación Social pola Universitat Pompeu Fabra, profesora titular no departamento de Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela e membro do grupo de investigación GEA (Grupo de Estudos Audiovisuais). As súas liñas de investigación céntranse no cinema documental, as representacións visuais do traballo e o cinema de vangarda. É autora de diversos artigos publicados en revistas científicas, como Literature&Film Quarterly e Communication & Society. Publicou unha monografía titulada A revolta na mirada: as imaxes do tempo no cinema de vangarda europeo dos anos vinte (PUZ, 2022).