
Pablo Calviño Tato
- Group:Equipo de traballo da USC
Pablo Calviño Tato
Graduado en Comunicación Audiovisual e Xornalismo e Mestrado en Xornalismo e Comunicación Multimedia, actualmente é investigador predoutoral (FPU22/03057) no Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). A súa tese aborda, dende unha perspectiva queer, as estratexias formais e narrativas de inscrición do sexual na filmografía de ficción do director portugués João Pedro Rodrigues.