A investigadora Rocío Sosa Fernández, membro do equipo do proxecto LEXCAV, presentou os días 9 e 10 de outubro na Universidade de Viena a comunicación “When legislation falls short: Using natural language processing (NLP) text mining to analyse expert critiques on Spain’s audiovisual diversity framework”. A presentación tivo lugar na conferencia internacional “Screening the scene: Rethinking European film competitiveness”, enmarcada no proxecto europeo REBOOT.
Este congreso, e o proxecto que o sustenta, contan coa participación dun consorcio de prestixiosas institucións, entre as que se atopan a Universidade de Viena, a Universidade de Liexa, a Universidade de Jyvaskyla, a Universidade de Varsovia, a Université Côte d’Azur, a Kadir Has Üniversitesi, a Erasmus University Rotterdam, a Universidade Carlos III de Madrid e o Hellenic Foundation for European and Foreign Policy (ELIAMEP).
O estudo presentado, realizado en coautoría co doutorando Oscar López Iglesias e os coordinadores de LEXCAV, Antía María López Gómez e Enrique Castelo Mayo, analiza mediante Procesamento da Linguaxe Natural (PLN) as entrevistas a expertos sobre a Lei 13/2022 (Lei Xeral de Comunicación Audiovisual).
A investigación céntrase na implementación desta normativa, que busca preservar a diversidade lingüística e cultural no ecosistema dixital. A análise computacional de nove entrevistas a expertos revela catro grandes desafíos: métricas de cumprimento ambiguas para a producción independente, infrafinanciación dos mecanismos de financiamento anticipado, desequilibrios competitivos que favorecen ás grandes plataformas globais e un deterioro das condicións laborais, especialmente en producións en linguas cooficiais como o catalán, éuscaro e galego.
“A análise plante interrogantes sobre a efectividade da lei para lograr os seus obxectivos centrais de diversidade”, destacou a investigadora durante a súa intervención en Viena.
