No Simposio Internacional LEXCAV contouse coa participación de diversas asociacións profesionais:
- Asociación Sindical Galega de Guionistas (AGAG)
- Asociación de Actores e Actrices de Galicia (AAAG)
- Asociación Galega de Profesionais da Tradución e da Interpretación (AGPTI)
e colectivos empresariais do sector audiovisual galego, como
- Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI)
- Clúster Audiovisual Galego,
- Academia Galega do Audiovisual (AGA)
entidades cívicas como A Mesa pola Normalización Lingüística.
Deste xeito, púidose establecer un diálogo con todas estas entidades e coñecer de primeira man as súas diferentes percepcións sobre o sector audiovisual galego e o impacto da Lei 13/2022 sobre este.



