Proceso de asesoría, formación, deseño de materiais pedagóxicos, guionización, gravación, montaxe e exhibición dun telexornal infantil en galego co Colexio de Educación Infantil e Primaria Quiroga Palacios de Santiago de Compostela.
Membros participantes:
Esta actividade vén desenvolvendo desde o final do curso pasado, no que se fixo coincidir o proxecto transversal do centro co tema dos medios de comunicación e propúxoselles realizar o informativo.
Unha vez aprobado polos órganos preceptivos do colexio CEIP Quiroga Palacios, comezaron as asesorías e formacións.
Durante este tempo, tamén se traballou cos espazos nos que os nenos e nenas realizaron as súas noticias: o Museo de Historia Natural, o Centro Sociocultural de Conxo, o Concello de Santiago, os Bombeiros de Santiago, o Parlamento de Galicia e personalidades da cidade ás que se entrevistou.
Tamén gravaron a presentación de noticias do tempo nas instalacións da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, utilizando a tecnoloxía dos estudios virtuais de televisión.


