
Marta Pérez Pereiro
- Group:Equipo de investigación da USC
Marta Pérez Pereiro
Marta Pérez-Pereiro é profesora titular no Departamento de Ciencias da Comunicación da Universidade de Santiago de Compostela (USC). Doutora pola mesma universidade, imparte clases na área de Comunicación Audiovisual e Publicidade, materias como Produción cinematográfica ou Cultura Audiovisual Contemporánea. Pérez-Pereiro é integrante do Grupo de Estudos Audiovisuais (GEA) e do Centro de Estudos Feministas e de Xénero (CIFEX).
Os seus principais temas de investigación son as pequenas cinematografías, particularmente o cinema galego, xénero e medios de comunicación, o humor nos medios e redes sociais e a rendición de contas nos medios. Sobre estes temas escribiu en diversas monografías e en revistas académicas como Language and Communication ou no Journalism & Mass Communication Quaterly. Participou ademais en proxectos de investigación como “EUVOS. Patrimonio Cultural Inmaterial. Para un Programa Europeo de Subtitulado en Linguas Non Hexemónicas”, “eDCINEMA: Cara o Espazo Dixital Europeo. O papel das cinematografías pequenas en v.o.” e no proxecto en desenvolvemento “FACCTMedia. Instrumentos de rendición de cuentas ante la desinformación: Impacto de las plataformas de fact-checking como herramientas de accountability y propuesta curricular”. Na actualidade é Delegada do reitor para a Igualdade da Universidade de Santiago de Compostela.