
Óscar López Iglesias
- Group:Equipo de traballo da USC
Óscar López Iglesias
Graduado en Xornalismo e en Comunicación Audiovisual e Mestrado en Xornalismo e Comunicación Multimedia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Na actualidade é investigador predoutoral FPI asociado ao proxecto LEXCAV e cursa estudos de doutoramento no marco do programa en Comunicación e Información Contemporánea do Departamento de Ciencias da Comunicación da USC. A súa tese aborda o impacto da Lei 13/2022 Xeral do Audiovisual no relativo á presenza de contidos audiovisuais en linguas cooficiais no ámbito dixital.