
Uxia Caride Blanco
- Group:Equipo de investigación doutras universidades
Uxia Caride Blanco
Profesora asociada e xerente de AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes), é Licenciada en Comunicación Audiovisual con especialización en produción executiva. Desempeña desde fai máis dunha década a dirección AGAPI, onde representa e defende os intereses das empresas de produción audiovisual. Combina este labor coa docencia como profesora asociada na Universidade de Santiago de Compostela, impartindo materias vinculadas á xestión cultural no Grao en Ciencias da Cultura e Difusión Cultural.
Comprometida coa xestión cultural galega, forma parte desde hai anos da xunta directiva da Asociación Cultural, onde coordina a área cinematográfica. Colabora habitualmente na organización de programas e formacións para entidades como o Concello de Santiago, a Feira Cultural ou o Festival de Cinema Fantástico dá Coruña FKM, entre outros.
Pertence a destacadas entidades sectoriais: Academia Galega do Audiovisual, Asociación Galega de Xestores Culturais, Asociación de Mulleres Cineastas (CIMA) e é asesora da Ourense Film Commission. Participou en foros como FICRural (Feira Internacional de Cultura e Economía Rural e Alternativa), o Festival de Teatro de Comedia e Festivo de Cangas, e formacións de diversas institucións. Recentemente, formou parte do xurado dos Premios da Crítica Galega (categoría audiovisual) e do Festival de Cinema Miúdo (Ames).