Presentación dunha comunicación académica titulada Un ecosistema mediático sostible e diverso? A lei audiovisual española e o proxecto de lei catalá fronte a produción audiovisual en linguas minorizadas, realizada por por Mª Soliña Barreiro González e Aina Fernàndez i Aragonès no Congreso da AE-IC celebrado en Murcia en 2024.
Nela comparábase a lei audiovisual xeneral coa lei catalá, revisando a directiva europea e outras trasposiciones desta como a francesa. O panel do congreso no que se incluíu a comunicación contou coa presenza de José Patricio Pérez Rufí, da Universidade de Málaga, e de Francisco Javier Gómez Pérez da Universidade de Granada, ambos cultivan entre as súas liñas de investigación as políticas públicas audiovisuais, a análise do ecosistema mediático andaluz e a colaboración do Consejo Audiovisual de Andalucía, o único xunto co catalán que existe no territorio español.
O contacto con ambos desembocou en traballo conxunto e ambos participaron no Simposio Internacional LEXCAV: as linguas minorizadas no audiovisual a dous anos da aprobación da Lei 13/2022 que o Grupo de Estudos Audiovisuais organizou no outono do 2024.
Nesta actividade colaborouse estreitamente co Grup de Recerca en Comunicació Política, Periodisme i Democràcia da Universitat Pompeu Fabra (UPF), para compartir obxectivos. A capacidade deste grupo de investigación para poder incidir nun proceso estratéxico interno de 3CAT foi crucial para poder obter a información solicitada nesta actividade.
Ademais, contouse coa capacidade loxística e organizativa de Arsenal, un espazo de creación interdisciplinaria da Universitat Pompeu Fabra destinado a proxectos audiovisuais e interactivos.



