As persoas e entidades asinantes deste manifesto declaramos a nosa preocupación pola exclusión sistemática que sofren as linguas cooficiais do Estado —galego, eúscaro e catalán— na aplicación da Lei 13/2022, do 7 de xullo, Xeral de Comunicación Audiovisual (LGCA).
A LGCA naceu coa promesa de garantir o pluralismo, a igualdade e a diversidade na comunicación audiovisual. Porén, o seu deseño e desenvolvemento ignoraron en boa medida as especificidades culturais, lingüísticas e produtivas dos territorios con linguas propias, deixando sen protección real a produción audiovisual independente e aos públicos que consomen contidos noutras linguas diferentes do español.
Denunciamos:
- A falla de mecanismos efectivos para garantir a presenza do galego, catalán e éuscaro nos contidos audiovisuais, tanto de produción propia como de dobraxe ou subtitulado.
- A discriminación estrutural da produción independente e de proximidade.
- A invisibilización de mulleres en roles técnicos, creativos e de xestión no sector audiovisual.
- A falla de indicadores e ferramentas reais de seguimento e avaliación da diversidade lingüística e de xénero.
Reclamamos:
- Que se modifique e complemente a Lei para garantir a súa aplicación efectiva en todos os territorios, recoñecendo a pluralidade lingüística como principio inalienábel da comunicación audiovisual.
- Que se promovan políticas activas de apoio á produción independente en linguas cooficiais.
- Que se establezan cotas, incentivos e obrigas reais para plataformas e operadores que difundan contidos en galego, eúscaro e catalán.
- Que se incorpore unha perspectiva interseccional, que relacione orzamentos, lingua e xénero como eixes de análise e transformación.
Este manifesto acompaña o proxecto de investigación LEXCAV, que durante tres anos analizará en profundidade o impacto da LGCA no sector audiovisual, elaborando propostas de mellora para unha sociedade dixitalmente inclusiva e culturalmente diversa.
Asinamos este manifesto para defender un audiovisual que represente realmente a pluralidade de voces, linguas e realidades do Estado. Porque sen diversidade lingüística, non hai democracia comunicativa.
#LEXCAV #AudiovisualPlural #DiversidadeLingüística #culturaÉdereito
Asina o manifesto:
Apoios recibidos:
| Entidade | Nome e apelidos | Provincia/Rexión | Fotografía ou Logotipo |
|---|---|---|---|
| Universidade de Santiago de Compostela | Rocío Sosa Fernández | A Coruña |
|
Non se atopou ningunha coincidencia.
